A axencia de doazón de sangue ADOS estará na Caniza o 13 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 - 16:00 a 21:00 horas
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade. Cada día mantemos abertos locais de doazón nas sete grandes cidades e desprazamos dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais. Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano.
O noso obxectivo só é posible grazas á colaboración dos organismos públicos, concellos, medios de comunicación, centros docentes, empresas e asociacións de doadores.
Dispoñemos dunha páxina web (ados.sergas.gal) e dun teléfono de información gratuíto (900100828) para consultar as dúbidas sobre a doazón de sangue, e tamén sobre a localización das unidades móbiles que atenden as persoas quede sexan participar.
Unha destas unidades móbiles desprazarase ata A CANIZA o martes, 13 de outubro 10:00 a 14:00 - 16:00 a 21:00 horas
Contamos coa túa colaboración!.
13 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 - 16:00 a 21:00 horas, diante do Edificio Gran Sol