
Actividades
Mañá 11 de xuño, o Concello abre o prazo de inscrición para o «Campamento Urbano Xullo 2024», que se vai desenvolver durante todo o mes de xullo.
Dirixido a nenas e nenos dende os 3 anos (sempre que teñan cursado 4º de educación infantil) ata os 12 anos.
Ofértanse un total de 120 prazas divididas en dúas quincenas.
- 1ª quincena: do 1 ao 15 de xullo
- 2ª quincena: do 16 ao 31 de xullo
Fai a túa solicitude na Biblioteca Pública Municipal.
Prazo de inscrición: dende o 11 ao 20 de xuño de 2024.
Prezo por quincena:
- Solicitude individual: 55€
- Solicitude dobre (2 nen@s): 97,58€
- Solicitude tripla (3 nen@s): 110€
Horario
Cómo facer a inscrición?
As solicitudes e documentación requerida para participar nesta convocatoria deberán axustarse ao modelo normalizado que se pode recoller na Biblioteca e presentarse cuberto na mesma oficina sita na rúa Progreso, nº 21 en horario:
- Luns a venres de 10 a 13h e de 16.30 a 20h
- Sábados de 10 a 14h.