Campaña de «Información e Seguridade no Rural» 2023 - 2024
Actividades
O Concello a través da Policía Local e a Garda Civil da Cañiza inician unha nova campaña para este 2023 e 2024 de «INFORMACIÓN e SEGURIDADE no RURAL".
Dirixida a toda a poboación e principalmente aos veciños que viven no rural.
Unha campaña de seguridade que ten como obxectivo protexer aos nosos veciños de roubos, estafas ou extorsións.
Para evitar estas situacións, é recomendable seguir as instrucción que se indican na campaña.
E se tes sospeitas de algo ou de alguén, chamar aos números de emerxencias 112 ou da Garda Civil 062.
AVÍSANOS