A campaña “Galicia sabe AMAR” fai parada no noso concello este venres 5 de setembro
Actividades
Volve a campaña “Galicia sabe AMAR” este venres 5 de setembro, traendo unha das súas foodtrucks con sabor, humor e produtos do mar 100% galegos.
Sobre a campaña
“Galicia sabe AMAR” é unha iniciativa da Xunta de Galicia que naceu no verán de 2021 co obxectivo de:
- Promover o consumo de produtos do mar entre a cidadanía.
- Recoñecer e poñer en valor o labor das profesionais do mar: mariñeiros/as e mariscadoras/es.
- Fomentar unha xestión sostible dos recursos mariños dende o punto de vista económico, ambiental e social.
- Garantir a trazabilidade e seguridade alimentaria dos produtos pesqueiros galegos.
Con retranca, dobres sentidos e moito sabor, esta campaña percorre Galicia en catro foodtrucks que ofrecen degustacións gratuítas de petiscos elaborados con produtos certificados do mar e da terra.
Que poderás atopar na Cañiza?
Durante a xornada, os visitantes poderán:
- Degustar receitas únicas elaboradas con produtos de calidade galega.
- Informarse sobre a importancia social e económica do sector do mar.
- Descubrir como a pesca galega aposta pola sustentabilidade e a excelencia.
- Levar material promocional e informativo da campaña.
Non perdas esta oportunidade de saborear os produtos do mar!
#GaliciaSabeAMAR #XuntaDeGalicia #ACañiza
Horario
O venres 5 de setembro en horario de ▫️ 12:00 h – 15:00 h e de ▫️ 17:00 h – 20:00 h
Na rúa Oriente, diante da Casa Consistorial