Campionato galego F3Q-2024 Veleiros remolcados por avión a motor
Este campionato realízase a unha soa proba, a do sábado 10 e domingo 11 de agosto de 2024.
O lugar O CAMPO DE VOO “PASTIZAL de FONTEFRÍA” está situado no alto de Fontefría, na parroquia de Achas do Concello da Cañiza, nas proximidades do Toro de Osborne, motivo polo cal se inclúe a súa silueta no anagrama do club.
Aínda que non é un terreo natural, debido a que se trata dun chan modificado artificialmente na década dos 80 para convertelo en pastizal, no que se introduciron gramíneas foráneas para forraxe de gando e piñeiros madeireiros, o resultado final é un extenso pastizal idóneo para a práctica deportiva obxecto do club.
Neste lugar vén realizando desde fai máis dunha década, de forma continuada, a actividade deportiva do Club Vuelo a Vela Fontefría, tanto na faceta competitiva como adestramentos e voo de recreo.
Zona de voo con pistas diferenciadas para manobras de remolque e de aterraxe, así como zonas de seguridade.
10 y 11 de agosto de 2024
Mecánica do Campionato
- Toda a xornada do sábado dedicarase a voos de adestramento e voos de exhibición doutras modalidades do voo sen motor, ou sexa do Voo a Vela.
- Para os voos do campionato establécese unha xanela temporal comprendida entre as 10:00 horas e as 18:00 horas do domingo.
- Dentro desta xanela cada piloto participante no campionato debe realizar catro voos puntuables.
- A diferenza doutros campionatos, neste caso non hai unha orde de participación establecido por sorteo de dorsais, senón que o momento de cada voo é elixido libremente o piloto.
- Fóra dos voos do campionato, os pilotos poden realizar cuantos voos desexen, co único condicionante de que o piloto que vaia a realizar un voo puntuable para o campionato, ten prioridade no remolque sobre os outros pilotos.
- Desta forma, elimínase o factor sorte no relacionado coas condicións meteorolóxicas no momento do voo, xa que é o propio piloto o que elixe o instante de realizar o seu voo puntuable en función da súa propia análise das condicións de contorna.
- Por outra banda, a posibilidade de poder realizar voos libres dan a opción de coñecer o espazo aéreo do campo de voo e familiarizarse con él.