Campionato galego de aeromodelismo na categoría «F3Q» de veleros remolcados

Data
Location
Pastizal de Fontefría
Organiser
CLub Vuelo a Vela Fontefría coa colaboración do Concello
Actividades

Grandes planeadores con remolque mediante avión a motor.

Organizado polo Club Vuelo a Vela Fontefría de A Caniza por delegación da Federación Aeronáutica Galega coa colaboración do Concello da Caniza e Deporte Galego da Xunta de Galicia.

Este campionato realízase a unha soa proba: o sábado 26 de setembro durante todo o día no  campo de voo “Pastizal de Fontefría” ( situado no alto de Fontefría, con acceso pola estrada N-120, nas proximidades do Toro de Osborne).

Trátase dunda zona de voo con pistas diferenciadas para manobras de remolque e de aterraxe, así como zonas de seguridade.

Toda a xornada do sábado dedicarase a voos de adestramento e voos de exhibición doutras modalidades do voo sen motor ( Voo a Vela ).

A diferenza doutros campionatos, neste caso non hai unha orde de participación establecido por sorteo de dorsais, senón que o momento de cada voo é elixido libremente o piloto.

 

Campionato galego de aeromodelismo na categoría «F3Q» de veleros remolcados

 

Campionato galego de aeromodelismo na categoría «F3Q» de veleros remolcados
Horario

O sábado 26 de setembro de 2026, no campo do "Pastizal" de Fontefría.