Campionato Galego de Aeromodelismo na modalidade F3F 2024

Data
Location
Pendiente de informar pola organización
Organiser
Club Vuelo a Vela Fontefría en colaboración co Concello de A Cañiza.
Actividades

Unha proba de velocidade con planeadores sen motor, na que os avións deben percorrer unha distancia de 1 km nun circuito de 100 m.

A ascendencia dos planeadores consíguese polo efecto da ladeira, de xeito análogo ao voo de parapentes e alas delta. O planeador lánzase a man contra o vento que debe incidir en dirección perpendicular á ladeira.

Por este motivo non se pode predecir o lugar de celebración do evento. 

Ata o día anterior ou horas antes da celebración, non se decidirá o emprazamento exacto (informarase do lugar a través dos grupos de Whassap de Vuelo a Vela Fontefría e a páxina da Federación de Aeromodelismo.

As ladeiras máis utilizadas son as do parque eólico da Franqueira, San Nomedio en Ponteareas, a ladeira W de Santa María de Oia e outras.

☎️Para interesados están disponibles os teléfonos de Luis: 693 481 474 , Juan Luis: 627 550 961 e Carlos: 610 766 826