Campionato Galego «Roller Freestyle - Xunta de Galicia - Street Park 2025»
Actividades
Organizado por Unity Blading Club coa colaboración de Deporte Galego – Xunta de Galicia
Prepárate para unha xornada chea de adrenalina e espectáculo sobre rodas.
Ven a gozar dos mellores trucos, saltos e acrobacias nun evento que reunirá aos riders máis destacados de Galicia.
Que é o Roller Freestyle?
É unha disciplina da Patinaxe en Liña que se practica en skateparks e espazos urbanos. Os patinadores realizan trucazos sobre ramplas, varandas e outras estruturas deseñadas para poñer a proba a súa creatividade e habilidade.
Inscricións abertas a través da Intranet da Federación Galega de Patinaxe
Evento exclusivo para patinadores federados
Non o perdas!
Horario
O domingo 1 de xuño de 2025, de 11:00h a 15:00h nas pistas de skatepark da Cañiza