A Cañiza tamén celebra o Día dos Mercados. Este sábado 31 de maio na Praza de Abastos.

Data
to
Location
Praza de Abastos da Cañiza
Organiser
Xunta de Galicia. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Actividades

Este sábado, ven á Praza de Abastos e QUERE O TEU MERCADO!
Horario: Xornada matinal

A Praza de Abastos acolle unha nova actividade da campaña «Quere o teu mercado», unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Obxectivo da campaña:
Poñer en valor o papel esencial dos mercados de proximidade, destacar a calidade dos produtos locais e fomentar o consumo responsable e sustentable.

A partires das 9:30h...
Os placeiros e placeiras, acompañados dunha azafata, do Alcalde e Concelleiros, repartirán agasallos entre os asistentes que se acheguen á Praza.
Un xeito especial de agradecer a confianza no comercio local!

 Por que mercar na Praza?

  • Produtos frescos, de calidade e de proximidade
  • Atención personalizada e trato cercano
  • Comodidade para facer a compra completa sen desprazamentos
  • Apoio ao comercio local e á economía galega

 A campaña “Quere o teu mercado” forma parte da Campaña Internacional dos Mercados, coa que se pretende revitalizar os centros urbanos e dinamizar o tecido comercial.


 Este sábado, achégate á Praza de Abastos e pide o teu agasallo!

Quere o teu mercado, quere o local.

A Cañiza tamén celebra o Día dos Mercados. Este sábado 31 de maio na Praza de Abastos.
Horario

Sábado 31 de maio durante a mañá na Praza de Abastos.