«CASA DE ENCUENTRO CON EL ARTE DE DIEGO DE GIRÁLDEZ EN A CAÑIZA - PLAZA MAYOR - 2023»

Data
to
Location
Praza Maior da Vila. Entrada pola rúa da Botica.
Organiser
Diego de Giráldez
Exposición

O noso prestixioso pintor, escultor e anatomista Diego de Giráldez, Fillo Predilecto do Concello da Cañiza, abre ao público a súa Casa Museo os domingos 23 e 30 de xullo e todos os domingos do mes de agosto.

En horario de 18h00 a 21h00.

O Museo, unha edificación de máis de 1.000 m2 e cinco plantas de altura, está situada en pleno centro urbano  e preside a Praza Maior da Vila, aínda que ten a súa entrada pola rúa da Botica. Para moitos cañicenses esta Casa Museo era coñecida como o antigo cuartel da Garda Civil da Cañiza, xa que durante moitos anos e ata fai tan só tres décadas albergaba as oficinas e vivendas da benemérita na localidade.

Ao longo de 1.500 metros lineais de exposición, os visitantes poderán contemplar, coñecer e admirar a prolífica obra deste pintor de renome, creador do realismo NAS, acepción coa que se coñece a súa pintura e que por méritos propios e polas súas excepcionais calidades alcanzou hai xa anos un posto significativo dentro da pintura contemporánea española.

Diego de Giráldez está considerado polos expertos como un inimitable retratista da natureza, capaz de ofrecer  a realidade do cotián con total sinxeleza, escapando da profusión e o adorno, recorrendo aos mínimos elementos plásticos e achegando ás súas obras unha clara visión do mundo natural.

As súas obras sempre impregnan no observador un deixe de desconcerto e provocación.

A súa pintura está salpicada de innumerables e en ocasións mínimos detalles e esencias que o ollo humano vese obrigado a descifrar e comprender.

Os críticos e expertos que estudaron a fondo a súa traxectoria,que comezou xa no ano 1.975, acertan ao dicir que as súas creacións impactan, sorprenden e enganchan.

Por todo isto o Concello da Cañiza te invita a coñecer e visitar a súa CASA MUSEO este verán.

Horario

Aberto de 18h a 21h