Charla: "300 anos de Feminismo: perspectiva histórica e filosófica"
300 anos de Feminismo: perspectiva histórica e filosófica
No marco do Programa CLARA, os concellos da Cañiza e Covelo poñen en marcha unha ampla programación para promover a igualdade e previr a violencia de xénero. Entre as súas actividades destaca o curso “300 anos de Feminismo: perspectiva histórica e filosófica”, unha viaxe polo pensamento e as loitas que marcaron a historia do feminismo ata a actualidade.
Xoves 21, ás 20:00 h
Casa da Cultura da Cañiza (Aula CEMIT)
A actividade pretende ofrecer unha panorámica das principais figuras e correntes feministas que transformaron a sociedade nos últimos séculos, dende as pioneiras da Ilustración ata as voces contemporáneas que seguen inspirando novas xeracións.
Este curso forma parte das accións de sensibilización do Programa CLARA, que conta cun equipo multidisciplinar de profesionais e ofrece servizos gratuítos de atención xurídica e psicolóxica, orientación laboral, saúde e benestar, así como actividades formativas en igualdade, tecnoloxía e empregabilidade.
O Programa CLARA está financiado pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea no marco do FSE+ Galicia 2021-2027, e desenvolvido coa colaboración dos Concellos da Cañiza e Covelo.
Para máis información ou inscricións, pódese contactar cos teléfonos: 606 118 853 / 687 227 495.
o Xoves, 21 de agosto de 2025, ás 20h na Casa de Cultura da Cañiza (Aula CEMIT)