Charla informativa sobre o «Plan Hidrolóxico Miño-Sil 2028-2033», de interese para as Comunidades de Traídas de Augas

Data
to
Location
Salón de Plenos do Concello da Cañiza
Organiser
Confederación Hidrográfica Miño Sil en colaboración co Concello da Cañiza
Formación

O vindeiro venres, 27 de febreiro, ás 20:00 horas, o Salón de Plenos da Casa Consistorial da Cañiza (Rúa Oriente, 11 – 2º andar) acollerá unha charla informativa centrada no Plan Hidrolóxico Miño-Sil 2028-2033, con especial atención ao abastecemento a poboacións.

A xornada está dirixida principalmente ás Comunidades de Usuarios de Traídas de Auga, mais será tamén de portas abertas para toda a veciñanza interesada en coñecer de primeira man os aspectos clave da planificación hidrolóxica e da xestión dos recursos hídricos no municipio.

Baixo o título “Plan Hidrolóxico Miño-Sil 2028-2033. Temas importantes: o abastecemento a poboacións”, a sesión será impartida por técnicos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), quen abordarán cuestións de especial relevancia para o presente e o futuro do subministro de auga no Concello.

Participarán como relatores:

  • Agustín Sevilla Briceño, Xefe de Área de Plans e Estudos da CHMS.
  • Carlos Guillermo Ruiz del Portal Florido, Xefe da Oficina de Planificación Hidrolóxica da CHMS.
  • A charla estará moderada polo Alcalde da Cañiza, Luis Antonio Gómez Piña.

O Alcalde destacou a importancia desta xornada para garantir unha correcta xestión dos recursos hídricos e reforzar a coordinación coas comunidades de usuarios, fundamentais no noso sistema de abastecemento local.

Trátase dunha sesión informativa de portas abertas, polo que poderán asistir todas as persoas interesadas.

Horario

Venres, 27 de febreiro, ás 20:00 horas, o Salón de Plenos da Casa Consistorial da Cañiza