Charla sobre Saúde Mental e Muller – Programa CLARA

Data
to
Location
Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza

O Concello da Cañiza presenta esta nova charla sobre Saúde Mental e Muller a cargo da psicóloga sanitaria Sonia Suárez Árias 

Esta formación abordará a saúde mental con perspectiva de xénero, dentro do Programa CLARA, unha iniciativa conxunta dos concellos da Cañiza e Covelo para promover a igualdade e previr a violencia de xénero.

O Programa CLARA, presentado o 5 de agosto polos alcaldes Luis Piña e Pablo Castillo, conta cun equipo multidisciplinar e ofrece atención psicolóxica e xurídica gratuita, orientación laboral, actividades de saúde e benestar, e accións formativas.

Está financiado pola Xunta de Galicia e a Unión Europea (FSE+ Galicia 2021-2027) e desenvolverase durante agosto e setembro.

? Citas e información: 606 118 853 / 687 227 495

Horario

O mércores, 27 de agosto de 2025, ás 20:15h na Casa de Cultura da Cañiza