Cine na Rúa: "Como Dios Manda" na Praza Maior

Data
to
Location
Praza Maior da Vila
Organiser
Concello da Cañiza. Verán de Lecer 2025
Cine

O vindeiro xoves 31 de xullo ás 22:30 h, a Praza Maior acollerá unha nova sesión de Cine na Rúa coa proxección da comedia "Como Dios Manda".

Esta actividade, de carácter gratuíto e ao aire libre, está pensada para todos os públicos e busca ofrecer unha alternativa de lecer cultural nas noites de verán.

"Como Dios Manda" é unha película española que mestura humor e reflexión social, ideal para desfrutar en comunidade nun entorno emblemático como é a Praza Maior.

Esta proxección enmárcase dentro da programación do Verán de Lecer 2025, unha iniciativa do Concello que ofrece durante os meses estivais un amplo abano de actividades culturais, deportivas e de ocio para todas as idades.

Animamos a toda a veciñanza e visitantes a gozar desta cita co cinema ao aire libre!

 

Horario

Xoves 31 de xullo ás 22:30 h, na Praza Maior. En caso de mal tempo a proxección terá lugar no Auditorio da Casa de Cultura.