CLUB DE LECTURA PARA FAMILIAS
Presentamos unha nova actividade cultural e educativa da man de AROA VIVA VOZ, en colaboración coa Asociación sen ánimo de lucro das Familias Rede CRÍA e o Concello.
«O CLUB DE LECTURA PARA FAMILIAS»
Unha actividade moi dinámica, no que que todas as familias participarán na toma de decisións.
Nesta nova aposta pedagóxica pesou moito o interese que @s nen@s teñen pola lectura: contos, comics, poesía e incluso os números.
A tarefa do Club consistirá en ofrecer ideas inspiradoras e levar a cabo propostas en función dos intereses que se vaian manifestando nas familias que participen no proxecto.
Cos libros da biblioteca ou as creacións propias, poderanse desenvolver múltiples facetas da linguaxe a todos os niveis: lingüístico, verbal, visual, lóxico matemático, musical, corporal...
«O Club de lectura para familias é un espazo seguro onde as nosas e os nosos peques poden ir despregando, ao seu ritmo, as súas habilidades lectoras e incluso escritoras... porque neste Club poden pasar moitas cousas...», asegura Aroa
Para calquera dúbida podedes contactar coa organización no número 655 52 52 42
Empezamos o día 12 de decembro, ás 17 horas no primeiro andar do edificio da Biblioteca da Cañiza.
A duración da actividade será dunha hora e media aproximadamente e a aportación é voluntaria.
Acompaña Aroa Viva Voz: Nai, actriz, narradora e escritora de historias e por suposto fan dos libros de papel
Unha vez ao mes.
1º Encontro este martes, 12 de decembro, ás 17H, no 1º Andar da Biblioteca Municipal.