Con motivo do «25 N», Día Internacional para a eliminación da VIOLENCIA CONTRA A MULLER, o Concello convoca unha CONCENTRACIÓN para a lectura dunha DECLARACIÓN INSTITUCIONAL e GARDAR 1 MINUTO DE SILENCIO
Actividades
O Concello da Cañiza informa de que este sábado, 25 de novembro, nos concentraremos diante da Casa Consistorial da Cañiza, ás 12 da mañá, para ler a DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO 25N e gardar 1 minuto de silencio para lembrar a todas as vítimas da violencia de xénero.
O Alcalde da Cañiza, Luis Antonio Gómez Piña
Horario
Sábado, 25 de novembro, ás 12h diante da Casa Consistorial da Cañiza.