Concerto Coral "Letras Galegas 2026"

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Asociación Cultural AS.CUL.CA en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello da Caniza
Concerto

O Concello presenta unha nova cita coa música e coa cultura galega coa celebración do Concerto Coral Letras Galegas 2026, unha actividade enmarcada dentro da programación especial do mes das Letras Galegas.

O evento terá lugar o sábado 23 de maio ás 20:30 horas no Auditorio Municipal do Concello da Caniza, converténdose nun dos actos centrais desta conmemoración cultural que cada ano rende homenaxe á lingua e á literatura galegas.

Nesta edición, o concerto contará coa participación de tres recoñecidas formacións corais:

  • Coral Polifónica “Vivacce” da A.E.C.C. de Vigo.
  • Coral Polifónica “Fogar de Breogán” de Lira (Salvaterra)
  • Coral Polifónica “A Cañiza”

O Concerto está organizado pola Asociación Cultural As.Cul.Ca en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello da Caniza.

Horario

O sábado 23 de maio de 2026, a partires das 20:30 horas no Auditorio da Casa de Cultura da Caniza