LOS LIMONES é un grupo de pop/rock español, formado en 1983 na cidade de Ferrol.
O grupo xorde da man de catro amigos mentres estaban no instituto. A súa primeira actuación realízana no Colexio Maior Fonseca de Santiago de Compostela en 1984, e durante un par de anos iranse fogueando en bares e locais da zona.
En 1987 o vocalista Santi Santos queda en solitario e empezará a recrutar novos membros cos que comeza a gañar algúns premios para grupos amateurs, o que lles permite gravar o seu primeiro disco Sobe a Marea co seu éxito Vou Seguindo. En 1991 lanzarán o seu número uno O Canto Da Sirena que lles fará ser coñecidos no resto de España.
Despois de separarse no ano 1997, volverán aos escenarios no ano 2001.
Sábado, 5 de agosto, a partires das 23.00h. na Praza Maior da Cañiza
En caso de mal tempo, a actuación trasladarase ao Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza