Concerto de EMILIO RUA, xira "25 Aniversario"

Data
to
Location
Praza Maior da Cañiza
Organiser
Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello da Cañiza
Concerto

#CULTURA | SON VERÁN

Seguimos coa programación de verán e empezamos a semana do 18 de agosto recibindo a Emilio Rúa co seu espectáculo "25 Aniversario", unha proposta íntima, emocionante e chea de sensibilidade que percorre 25 anos de carreira musical.

O cantautor galego, recoñecido como unha das voces máis destacadas da canción de autor en Galicia, ofreceranos un concerto único no que mestura música tradicional, pop e poesía. Un formato intimista con guitarra e harmónica que promete unha noite especial no corazón do noso municipio.

Ao longo da súa traxectoria, Emilio Rúa publicou máis dunha ducia de discos, realizou máis de 200 concertos e colaborou con poetas e músicos de gran prestixio. No seu repertorio combina temas propios, como Vida miña, con versións de clásicos como A Carolina, sempre cunha interpretación chea de emoción, técnica e sensibilidade.

Este evento forma parte do ciclo Son Verán, organizado pola Deputación de Pontevedra, que leva a música de alto nivel artístico a espazos singulares de toda a provincia.

Vén gozar desta cita cultural e celebra connosco unha noite máxica de verán!

 

Horario

Luns, 18 de agosto, ás 22:00 h na Praza Maior da Cañiza