Concerto de Música Clásica coa actuación da Orquestra de Cámara de Galicia
Concerto
O vindeiro sábado 21 de xuño de 2025 ás 20:00 horas, a Igrexa Parroquial de Valeixe acollerá un concerto especial da Orquestra de Cámara Galega, baixo a dirección do mestre Rogelio Groba Otero.
Este evento, promovido polo Concello da Cañiza co apoio de Red Eléctrica, ofrecerá ao público unha experiencia musical única nun entorno cargado de historia e cunha acústica excepcional.
A entrada será de balde ata completar aforo.
Unha cita imprescindible para os amantes da música clásica e para quen desexe gozar dunha velada cultural de alta calidade.
Horario
O sábado 21 de xuño de 2025, ás 20h na Igrexa Parroquial de Santa Cristina de Valeixe