Concerto do « TRÍO SOMOZA»

Data
to
Location
Praza Maior da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Concerto

Unha actuación do programa «Verán de Lecer 2025»

Somoza Trío é unha banda creada coa intención de entreter a través de versións dos mellores clásicos do pop, soul, reggae, funk e blues dos 80 e 90 e con algunha pincelada de temas máis actuais.

Tres músicos con máis de 20 anos de carreira, Fran Leiro, Rocksteady Bob e Pablo Somoza, forman parte desta formación.

Fran Leiro (baixo e voz) tocou con artistas da talla de Iván Ferreiro, Andy e Lucas, Pitingo ou Melendi; Rocksteady Bob (batería e voz) cunha longa traxectoria como batería de directo de importantes bandas do pop-rock venezolano; e Pablo Somoza (guitarra e voz) traballou como músico de sesión nos estudos PKO colaborando con varios artistas nacionais.

Espectáculo musical asegurado!.

Somoza Trío en concierto en A Cañiza, el 12 de agosto a las 22.30h en la PLaza Mayor de A Cañiza

 

Horario

Luns, 11 de agosto de 2025, ás 22.30h na Praza Maior da Cañiza