Concerto musical con «PELEPAU SINFÓNICO»
Concerto
Pelepau Sinfónico actúa na Cañiza ao abeiro do programa “Musigal” da Deputación
Pelepau naceu no ano 2010 co fin de adaptar temas de tradición galega para percusións e voces.
Está formado por once percusionistas, todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega de recoñecida traxectoria.
Os instrumentos de percusión empregados polo grupo nos seus concertos son, na súa gran maioría, tradicionais, entre os que destacan os que antigamente eran utensilios do día a día, coma culleres, tixolas, botellas de anís ou morteiros.
Teñen dous discos publicados; o primeiro é Fío e agulla, e o segundo, publicado en 2020, Na beira.
Horario
O domingo 11 de agosto, a partires das 23.30 horas, na Praza Maior da Cañiza