Correbares e Festival Folclórico. Venres 18 de xullo

Data
to
Location
Rúas do Núcleo Urbán da Cañiza
Organiser
Asociación Cultural AS.CUL.CA.
Concerto

O Concello da Cañiza continúa coa súa programación cultural e de lecer do Verán 2025 cunha nova proposta que encherá as rúas e bares da vila de música tradicional galega.

O VENRES 18 de xullo, celebrarase o evento “Corre Bares”, unha tarde musical que levará a música en vivo polos bares da vila. A actividade contará coa participación de:

  • Banda de Gaitas A Capela

  • Banda de Gaitas A.C. Pontenova

  • Grupo de Pandereteiras Os Furafollas de Oroso

  • Grupo de Gaitas Santa Cristina de Valeixe

Ao longo da tarde, estes grupos animarán diferentes espazos hostaleiros da vila cun repertorio tradicional galego, creando un ambiente festivo e de rúa.

Xa pola noite, a festa continuará co Festival Folclórico, que terá lugar na Praza Maior ás 22:30 h, reunindo ás agrupacións participantes nun espectáculo conxunto que porá o broche de ouro á xornada.

Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural Canicense (ASCULCA) e conta coa colaboración do Concello da Cañiza e da Deputación de Pontevedra, no marco da súa aposta por promover a cultura e o lecer durante os meses estivais.

O “Corre Bares” é unha excelente oportunidade para gozar da música tradicional galega, apoiar á cultura local e dinamizar a hostalería da vila.

Horario

O Venres, 18 de xullo de 2025, a partires das 20h polas rúas do núcleo urbano da Cañiza