curso Análise da Información Dixital – Nivel Avanzado (FCOI12)

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
DIXIGAL
Formación

Continuamos subindo niveis na formación en competencias dixitais co proxecto «DIXIGAL»

A partir do 9 de xaneiro poñemos en marcha o curso Análise da Información Dixital – Nivel Avanzado (FCOI12), unha formación orientada a adquirir competencias avanzadas na busca, xestión e análise da información e dos datos en contornas dixitais.

  • Datas: do 9  ao 26 de xaneiro de 2026, en horario de 9:00h a 14:00h.
  • Duración: 40 horas
  • Modalidade: Presencial
  • Lugar: A Cañiza

O proxecto DIXIGAL ten como obxectivo a impartición de accións formativas da familia de informática e comunicación, co fin de que as persoas participantes melloren as súas competencias dixitais e a súa empregabilidade.

Trátase dunha formación presencial 100% gratuíta, dirixida a persoas que xa contan con coñecementos dixitais previos e desexan dar un paso máis no tratamento profesional da información e dos datos.

Contidos do curso – Nivel Avanzado
  • Estratexias avanzadas de busca, selección e contraste da información dixital.
  • Organización, almacenamento e xestión de información e datos con ferramentas dixitais.
  • Análise, explotación e visualización de datos para apoiar a toma de decisións.

Esta formación permite desenvolver habilidades clave para o traballo individual e colaborativo, empregando ferramentas dixitais actuais e metodoloxías prácticas.

As persoas interesadas en ampliar información poden chamar ao 654 825 395 ou escribir ao correo 📧 dixigal@bigformacion.com

Inscricións abertas mediante o código QR do cartel.


#DIXIGAL #CompetenciasDixitais #FormaciónGratuíta #NivelAvanzado #AFormarse #A Cañiza #CeMIT

Horario

A partires do 9  ao 26 de xaneiro de 2026, durante 40 horas, en horario de 9:00h a 14:00h”.