Curso dixital “Acompañamento no uso das pantallas na vida familiar”

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

O Concello da Cañiza anuncia a 7ª formación en competencias dixitais para a cidadanía

O Concello da Cañiza continúa desenvolvendo a campaña intensiva de capacitación dixital iniciada en xaneiro de 2026, cun novo calendario de xornadas formativas gratuítas dirixidas á cidadanía que se celebrarán durante os meses de abril e maio na Aula CeMIT.

Estas accións enmárcanse no programa “Tu Transformación Digital”, unha iniciativa organizada por CIP-Formación, impulsada polo Ministerio para a Transformación Dixital a través de Red.es, xestionada por Adecco Learning & Consulting e financiada pola Unión Europea mediante os fondos Next Generation EU, co obxectivo de reducir a fenda dixital e mellorar as competencias tecnolóxicas da poboación.

O programa está dirixido principalmente a persoas maiores de 18 anos que desexen adquirir habilidades dixitais básicas para a vida diaria, a comunicación, o emprego ou o uso seguro da tecnoloxía, favorecendo así a autonomía persoal e as oportunidades laborais.

“Acompañamento no uso das pantallas na vida familiar”

  • 7, 9 e 10 de abril
  • De 10:00 a 13:00 h
  • Aula CeMIT (Rúa do Progreso s/n, Nacional 120)

Unha oportunidade para aprender a xestionar de forma saudable o uso de dispositivos dixitais no ámbito familiar.

  • Formación 100% gratuíta
  • Prazas limitadas (mín. 12 - máx. 16 persoas)
  • Data límite de inscrición: 30 de marzo

Inscrición:

As persoas interesadas poden inscribirse nunha ou varias accións formativas.

 

#ConcelloDaCañiza #CompetenciasDixitais #TransformaciónDixital #AulaCEMIT 

Horario

Os días 7, 9 e 10 de abril en horario de 10h a 13h