O Concello, a través da súa Aula CeMIT, pon en marcha un novo curso de iniciación en deseño e impresión en 3D, unha acción formativa dirixida a todas as persoas interesadas, sen necesidade de contar con coñecementos previos.
Esta actividade, de carácter gratuíto e con prazas limitadas, desenvolverase en modalidade presencial e contará con profesorado especializado, ofrecendo unha introdución práctica e completa ao mundo da fabricación dixital.
O curso estrutúrase nos seguintes contidos:
- Introdución á impresión 3D
- Partes dunha impresora 3D
- Mantemento e revisión do equipamento
- Programas de deseño e impresión 3D
- Práctica final de impresión
As sesións formativas impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas, entre o 29 de abril e o 20 de maio de 2026.
As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición na Biblioteca Municipal da Cañiza, ou a través do teléfono 986 66 30 69.
Do 29 de abril ao 20 de maio de 2026, en horario de 10h a 14h, todos os luns, mércores e venres.