Curso homologado de monitor de tempo libre. 350 horas
O Concello da Cañiza ofrece un Curso de ocio e tempo libre en modalidade semipresencial: (100 horas presenciais/ 100 h. online)+ 150 h prácticas.
Horario das aulas pesenciais: De luns a venres de 9 a 14 h (total 20 días)
Dirixido a persoas maiores de 18 anos que estean en posesión do graduado en ESO, graduado escolar ou equivalente, durante os meses de xullo e agosto.
O prezo do curso determinarase segundo o número de persoas matriculadas, sendo preciso un número mínimo de 10 prazas para poder levalo a cabo.
As/Os alumnas-os que se matriculen no curso terán a posibilidade de facer de xeito gratuíto o curso de manipulador de alimentos+alérxenos e o curso de monitor de transporte escolar, ambos en modalidade online.
PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O LUNS, 24 DE XULLO, ás 23.59.59h.
Información e inscrición: Biblioteca Municipal /Telef: 986 66 30 69
ENLACE DO FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/2FQHYv529aJfZm2H8
AS CLASES IMPARTIRANSE DURANTE TODO O MES DE AGOSTO
De luns a venres de 9 a 14 h (total 20 días) ademáis da formación on-line.