O programa TIC Rural, enmarcado no Reto Rural Dixital, é unha iniciativa de formación dixital gratuíta dirixida a persoas desempregadas ou inactivas que residan en concellos do rural, como A Cañiza.
O seu obxectivo é mellorar as competencias dixitais da poboación rural, favorecendo a inclusión social e dixital e facilitando o acceso seguro aos servizos e trámites en liña.
A formación ten unha duración total de 15 horas e céntrase especialmente na seguridade dixital, abordando os seguintes contidos:
- Seguridade dixital básica.
- Uso de contrasinais seguras.
- Ciberseguridade.
- Uso seguro do teléfono móbil.
A formación complétase con apoio e acompañamento para reforzar a aprendizaxe.
- Datas: 16, 18 e 19 de febreiro de 2026
- Horario: de 9:00 a 14:00 horas
- Lugar: Aula CeMIT – Concello da Cañiza.
- Inscricións abertas ata o 10 de febreiro de 2026
- Teléfono: 698 19 67 86
- Correo electrónico: redaranagalicia@gmail.com
O programa está desenvolvido pola Entidade para o Emprego Red Araña e está financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, o Goberno de España e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
Datas: Días 16, 18 e 19 de febreiro de 2026 en horario de 9:00 a 14:00 horas