DOAZON DE SANGUE. Martes 8 de xullo de 2025. A Unidade Móbil de ADOS estará de volta na Cañiza de 10h a 14h e de 16h a 21h
Actividades
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia para atender a milleiros de doentes cada ano.
O verán é a época máis complicada para manter estable a participación das persoas que doan sangue e estamos a desenvolver unha campaña especial co obxectivo de acadar as 27.0000 doazóns de sangue que precisan os centros sanitarios neste período para axudar ás persoas que desexan recuperar a saúde.
E por iso, que solicitamos a túa colaboración para lograr este obxectivo solidario.
Horario
O martes, 8 de xullo en horario de 10h a 14h e de 16h a 21h.