En marcha o evento “Tecnolóxicas Week”: charla sobre vocacións tecnolóxicas con mulleres referentes na contorna.

Data
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Proxecto impulsado por ASIME en colaboración coa Deputación de Pontevedra
Formación

Desde a Asociación Industrial Asime, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, está a organizarse a:

“Tecnolóxicas Week”.

Unha semana temática de actividades e xornadas en diversos municipios da provincia de Pontevedra, para fomentar as vocacións tecnolóxicas na xente nova, con especial foco nas mulleres.

O obxectivo é achegar a realidade da industria á xente nova, para que coñezan os traballos e oportunidades que poden desenvolver e paliar así a medio-longo prazo a falta de persoal cualificado no sector, xunto a unha maior integración de perfís femininos en postos técnico-tecnolóxicos. 

No marco desta iniciativa, na Cañiza organizarase unha charla interactiva e informativa o luns 6 de febreiro, en horario de mañá (de 11:00 a 12:00h), no Auditorio da Casa de Cultura, na que se convidará ao alumnado dos centros de secundaria e FP do Concello,  para coñecer de preto unha historia de éxito do proxecto Tecnolóxicas, que é unha iniciativa apoiada pola Deputación de Pontevedra na que se axudou a mozas da provincia para conseguir empregos como tecnólogas en empresas do sector.

Na charla participará unha das mulleres (do Concello da Estrada) e a CEO da empresa na que foi contratada (Itera Técnica). Elas presentarán a súa experiencia, achegando referentes femininos á xente da provincia e animando ás mozas e mozos da zona para apostar por carreiras técnico tecnolóxicas, explicando cómo acceder ao sector, consellos e mellores prácticas, etc. 

 Enlace para realizar as inscricións:

 https://forms.zohopublic.com/asociacindeindustrialesmetal/form/TecnolxicasWeekSesindeMentoringenACaiza/formperma/NuZb2iafIM4oy4gWAM8JkUqicQDCXinN_R2Fjqi64y8 

Horario

O 6 de febreiro en horario de 11h. a 12h. no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza

 

TECNOLOXICAS WEEK