Espectáculo de circo aéreo «SOMOS CIRCO» a cargo da compañía Desastronauts

Data
to
Location
Praza Maior da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza. Verán de Lecer 2024
Actividades

Ficha artística

Elenco: Raquel Veganzones, Girisho Gordon

Xéneros: Circo

Duración: 50 minutos

Público: Todos os públicos

Tipo espectáculo: Circo

SOMOS CIRCO!

Damas e cabaleiros, nenos e nenas, o espectáculo que todos estiveron esperando:

Raquel Feroz, a auténtica Raíña do Circo, deixarache pampo virando sobre o seu trapecio. Girisho, o Gran Ditador do Circo, sorprenderache coa súa forza e estupidez.

Xuntos danche circo 100% puro. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción. Alto en irresponsabilidade e baixo en precaución.

É rápido, é divertido, é acrobático, é fermoso.

Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora preséntanche a súa obra mestra.

Tes sorte, Somos Circo!

Horario

Xoves, 8 de agosto de 2024, ás 22.30h, na Praza Maior da Cañiza