Espectáculo de humor «FALEMOS COMO GALEGAS»

Data
to
Location
Praza Maior da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza. Verán de Lecer 2024
Teatro

A cargo da compañía "MIGALLAS TEATRO"

Unha actividade da programación do «Verán de Lecer 2024»

Porqué a situación da lingua galega é a que é? Cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela? Que son a “diglosite” e a “castrapite”? De onde veñen os prexuízos sobre a lingua? A quen afectan? Teñen cura? Que remedios hai para tratalos? Cal é o futuro do galego?

“Falemos como galegas” é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor.

María Campos e Carlos Yus danlle vida a un feixe de personaxes entre os que se atopa a popular Sra. de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa Luar da TVG e toda unha icona do “castrapismo”.

As cancións, alén de cuestións sociolingüísticas, tratan temas como a defensa da cultura propia e do patrimonio natural, a influencia dos medios de comunicación, a publicidade, a moda, o clasismo etc.

Cada función de “Falemos como galegas” é unha invitación amena e divertida a reflexionar sobre a historia, a actualidade e o futuro da lingua galega, co obxectivo de fomentar o seu uso normalizado entre as galegas e galegos de todas as idades.

  • Idioma: galego
  • Público preferente: persoas adultas e mozas.
  • Xénero: comedia e canción de cantautor.
Horario

Luns, 5 de agosto de 2024, a partires das 22.30h na Praza Maior da Cañiza