Espectáculo infantil «PAIO e o poder da música» – Domingo 10 de agosto na Cañiza
Volve Paio, o teixón molón!
O vindeiro domingo 10 de agosto ás 22:00 h na Praza Maior, non perdas o espectáculo infantil «Paio e o poder da música», da man do grupo galego O Viravai.
Unha nova aventura chea de música, amizade e aprendizaxe, na que Paio estará acompañado por novos amigos como o oso Aurelio e o armadillo Armando. Xuntos descubrirán o poder da música e da amizade.
A través desta historia, os máis pequenos aprenderán tamén a importancia de coidar o planeta e as criaturas que viven nel.
Música para non parar de bailar e unha historia que non esquecerás!
O VIRAVAI
O Viravai é unha compañía galega dedicada á creación de contidos culturais e educativos para público infantil e familiar. Fundada por Verónica Santalices e Federico Welicki, e xunto a Erika e Xacob Welicki Santalices, forman o núcleo dun equipo con máis de 15 artistas de diferentes disciplinas.
Consideran a compañía como unha auténtica fábrica de soños, que se fan realidade a través de personaxes como o teixón Paio, o oso Aurelio ou a moucha Anacleta, protagonistas dos seus libros, espectáculos e cancións.
Entre os seus proxectos máis destacados están:
As andanzas de Paio (Editorial Galaxia, 2016) – O seu primeiro libro-CD.
Paio e o poder da música (Editorial Galaxia, 2018) – Un paso máis na súa consolidación como referente da música infantil en galego.
? Praza Maior – A Cañiza ? Domingo 10 de agosto ? Ás 22:00 h ? Entrada libre
Vide e disfrutade cos peques!