Este venres, a compañía Teatro Inversa e a actriz Marta Perez representarán no IES da Cañiza a obra «SOFÍA»

Data
Location
IES da Cañiza.
Organiser
Concello da Cañiza

O Concello da Cañiza ten programadas a realización de varias actividades, dirixidas ao alumnado dos nosos centros educativos, para contribuir dende a administración, a eliminar e previr as conductas violentas en calquera das súas manifestacións, e de xeito específica a de xénero.

Unha destas actividades é a representación da obra de teatro “SOFIA” a cargo de Marta Pérez e a compañía de teatro Inversa Teatro. Ao rematar abrirase un debate sobre o contido da obra entre o alumnado do IES da Cañiza, onde se representará esta peza teatral.

Sofía é unha peza unipersoal / conferencia, realizada ad hoc a partires da montaxe maior da Cía Inversa Teatro Sofía e as Postsocráticas. Trátase dunha acción escénica na que a actriz, no escenario e acompañada da súa propia máscara (Platón), fai unha reflexión en torno á necesidade de buscar un novo xeito de reflexionar ante a problemática da violencia machista.

O espectáculo dunha duración de 25’ ofrece unha panorámica máis ante a estrutura que sustenta a violencia de xénero: o silencio, a negación e o efecto espectador.

Horario

Venres, 16 de decembro, en horario lectivo