Excursión pola COSTA DA PRATA PORTUGUESA «Cañicenses en Ruta»

Data
to
Location
Costa da Prata Portuguesa
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

Organizada polo Concello

Os días 26 e 27 de xuño con saída dende A Cañiza e visita aos lugares máis emblemáticos da Costa da Prata de Portugal: Caldas da Rainha, Peniche, Obidos, Budda Eden e finalmente Nazaré e o seu Santuario.

Abrimos o prazo de inscrición o martes 18 de xuño, ás 10h, nas oficinas da Biblioteca Municipal (Rúa Progreso, 21).

A inscrición será presencial. O máximo permitido de anotación por persoa será de 4 viaxeiros.

O prazo de anotación estará aberto ata o día 20 incluído.

O día 21 as persoas inscritas deberán abonar o importe da viaxe na conta do Concello na entidade bancaria ABANCA.

Prezo por persoa: 159 €uros nos que están incluídos  viaxe en autocar gran turismo con guía acompañante, hotel en réxime de pensión completa (en habitación compartida), seguro de viaxe e entrada ao xardín oriental de Buddha Eden. As persoas que desexen unha habitación individual deberán abonar un extra de 25€.

Nota: é recomendable que os viaxeiros estén en posesión da Tarxeta Sanitaria Comunitaria que se pode solicitar no CAISS da Cañiza ou online a través do enlace:  https://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/Trabajadores/PrestacionesPensionesTrabajadores/10938/11566/1761#128573

ITINERARIO:

1º DÍA:

  • Saída dende A Cañiza á hora acordada cos viaxeiros, dirección Portugal.
  • Primeira parada: CALDAS DA RAIHNA. Cidade cun grande patrimonio cultural e histórico, coñecida polas súas termas, cerámicas, museos e polo tradicional mercado da froita e da verdura.
  • Chegada ao hotel, reparto de habitacións e xantar.
  • Despois da comida, visita a PENICHE. Un antigo bastión defensivo do litoral portugués, con máis de 10 Km de costa.
  • Visita a OBIDOS. Unha vila medieval dominada polo seu castelo cun basto patrimonio arquitéctónico.
  • Regreso ao hotel e cea e descanso.

2º DÍA:

  • Despois do almorzo saída cara ao impresionante BUDDA EDEN, chamado tamén o Xardín de Paz. Un espazo de 35 hectareas concebido polo Comendador José Berardo, en resposta á destrucción dos Budas Xigantes de Bamyan.
  • Xantar.
  • Viaxe de regreso para visitar NAZARÉ e as súas artes de pesca (xávega) e o secado do peixe ao sol.
  • Visita á parte alta e “O Sitio” de Nazaré para divisar os seus acantilados así como o Santuario secular da Nosa Señora do lugar.
  • Punto final da viaxe na Cañiza.