Exposición de pintura e escultura . Casa Museo de Diego de Giráldez
Con motivo do 28 aniversario da formación da Casa Museo de Diego de Giráldez na Cañiza e dos 18 anos de apertura ao público ( xullo de 2007) , o pintor, escultor e anatomista abre as portas do súa Casa cunha exposición que se poderá visitar os domingos 20 e 27 de xullo e todos os domingos do mes de agosto, en horario de apertura de 18h a 21h
A súa obra expresa pensamentos que son pura simboloxía.
Diego de Giráldez:
«Fago unha pintura entre onírica e simbólica. É parte das creacións. Hai moita simboloxía na miña obra. Trato de disgregar uns obxectos sobre o plano como un efecto óptico e á vez reflexivo, coma se fose unha pintura que entrase dentro da pintura literaria e filosófica. Unha filosofía onde o individuo pode ter amplas reflexións».
Domingos 20 e 27 de xullo e todos os domimgos do mes de agosto, en horario de apertura de 18h a 21h pola rúa Botica, nº 30, baixo a Praza Maior da Cañiza.