Festa infantil de inchables na Praza Maior

Data
to
Location
Praza Maior da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza. Verán de Lecer 2025
Actividades

Diversión garantida para os máis pequenos!

O vindeiro domingo 3 de agosto de 2025, a partir das 19:00 horas, a Praza Maior da Cañiza converterase nun auténtico parque de xogos ao aire libre, cunha gran variedade de inchables pensados para o desfrute de nenos e nenas de todas as idades.

Será unha tarde inesquecible para os máis pequenos, chea de risas, saltos e moita enerxía, nun espazo seguro e preparado para que as familias poidan pasar un bo rato xuntas.

Información do evento:
  • Data: Domingo, 3 de agosto de 2025

  •  Hora: A partir das 19:00 h

  •  Lugar: Praza Maior da Cañiza

  •  Actividade: Inchables para nenos/as

Non perdas esta cita coa diversión infantil!
Organiza: Concello da Cañiza

 

Entrada libre e de balde.
 Actividade incluída dentro do programa de ocio e cultura do verán.

Horario

O domingo, 3 de agosto de 2025, a partires das 19h na Praza Maior