Festa na honra ao Santísimo Cristo da Agonía da Cañiza
O concello da Cañiza acollerá do 10 ao 13 de xullo de 2025 as tradicionais festas en honra ao Santísimo Cristo da Agonía, cun amplo programa de actividades musicais e actos relixiosos.
Programación musical:
-
Xoves, 10 de xullo
A partir das 22:30 h, gran verbena a cargo da orquestra La Fórmula. -
Venres, 11 de xullo
Verbena dende as 22:30 h con actuacións do Trío Nostalgia e a Discoteca Móbil. -
Sábado, 12 de xullo
A música continuará a partir das 22:30 h coa Orquestra Los Players e o Grupo Galia. -
Domingo, 13 de xullo
Desde as 22:00 h, peche das festas coas actuacións dos tríos Azar e Tic Tac.
Actos relixiosos – Domingo, 13 de xullo:
-
11:00 h – Pasarrúas a cargo da Banda de Música da BRILAT Galicia VII.
-
11:30 h – Misa solemne cantada pola Coral Polifónica da Cañiza.
-
Ao rematar, procesión acompañada pola Banda de Música da BRILAT Galicia VII.
Nota: A novena comezará o día 4 de xullo ás 19:30 h, seguida da Santa Misa ás 20:00 h.
Do 10 ao 13 de xullo de 2025