Festival Fin de Curso da Escola de Música da Cañiza
O Concello presenta o Concerto de verán da Escola de Música da Cañiza, cunha mostra do talento local.
Concerto en Vivo
O vindeiro 18 de xuño ás 20:00 horas, o Auditorio da Casa de Cultura acollerá o Festival de Verán da Escola de Música, un concerto en vivo protagonizado polo alumnado da escola.
O evento contará con actuacións variadas, onde as mozas e mozos mostrarán os coñecementos adquiridos ao longo do curso en instrumentos como batería, teclado, piano e voz.
Este festival é unha oportunidade única para que as familias, veciñanza e visitantes gocen dunha tarde de música e talento local, apoiando o traballo formativo e artístico que se realiza dende a Escola de Música da Cañiza.
Entrada libre.
O Mércores 18 de xuño de 2025, ás 20h, no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza