Festividade do Santísimo Cristo da Agonía. 14 de xullo de 2024

Data
to
Location
Igrexa Parroquial de Santa Teresa
Organiser
Parroquia de Santa Teresa da Cañiza
Actividades

O 2º domingo de xullo, A Cañiza celebra a festividade na honra do Santísimo Cristo da Agonía cunha Misa Solemne, oficiada a partires das 11.30h na Igrexa Parroquial de Santa Teresa, cantada pola Coral Polifónica da Cañiza.

Ao rematar o acto litúrxico, comezará a Procesión Solemne do Santísimo e da Virxe dos Dolores,  que este ano volverá a contar coa participación da Asociación Cultural Santo Cristo da Agonía e dos seus costaleiros, portadores dos Tronos.

A Procesión estará acompañada e custodiada pola Banda de Música da BRILAT de Pontevedra “Galicia VII”, que ademáis ofrecerá un pasarrúas ás 11h00 da mañá, facendo unha parada especial na Residencia Xeriátrica Santa Teresa da Cañiza, na rúa Castelao.

Os oficios relixiosos da Parroquia de Santa Teresa da Cañiza, contan coa participación da Asociación Cultural Santo Cristo da Cañiza e do Concello da Cañiza que sufraga os gastos da Banda de Música da BRILAT (desprazamento, comida e seguro de responsabilidade civil) e un refrixerio para os costaleiros e membros colaboradores da Asociación.

A MISA E PROCESIÓN DO SANTÍSIMO CRISTO DA AGONÍA VEÑEN CELEBRÁNDOSE DENDE TEMPOS INMEMORIAIS

Temos constancia de que nun principio esta festividade celebrábase o Domingo da Santísima Trinidad (polo mes de maio) pero debido ao mal tempo, propio da primavera, que impedía a saída da Procesión, cambiouse para o 2º domingo do mes de xullo.

É unha advocación con máis dun século de antigüidade que aínda hoxe conta cunha gran veneración e que lonxe de perderse no tempo, perdura grazas ao esforzo e unión de moitas e moitos cañicenses.

Dende o Concello queremos agradecer o gran traballo desenvolvido pola Directiva e os homes e mulleres que integran a Asociación Cultural Santo Cristo da Agonía, polos membros da Comisión de Festas e polos veciños e veciñas, comerciantes e empresarios que de forma anónima e altruísta colaboran para enaltecer esta festividade que hoxe segue celebrándose con ilusión e devoción.

Un agradecemento extensivo á Parroquia de Santa Teresa da Cañiza, á Coral Polifónica da Cañiza e á Banda de Música da BRILAT de Pontevedra.

A Cañiza celebra o 14 de xullo a festividade na honra do Santísimo Cristo da Agonía

 

A Cañiza celebra o 14 de xullo a festividade na honra do Santísimo Cristo da Agonía