Formación sobre «SAÚDE MENTAL NA INFANCIA E A ADOLESCENCIA» . Relacionada coa adicción ás novas tecnoloxías.

Data
to
Location
Salón de Plenos do Concello
Organiser
Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas do Concello da Cañiza
Formación

 Anunciamos unha nova formación dirixida ás FAMILIAS e PROFESIONAIS

“Sobre  SAÚDE MENTAL NA INFANCIA E A ADOLESCENCIA” . Relacionada coa adicción ás novas tecnoloxías.

Unha formación gratuita, dirixida prioritariamente ás familias ( nais, pais, adolescentes e outros familiares) e tamén a profesionais do ámbito sanitario, educativo e social.

A data límite de inscrición é o 3 de xuño. Podes anotarte por teléfono chamando ao 886155113 (Mónica), 627459808 (Ana) ou escribindo ao  e-mail xornada.adiccionastecnoloxias@gmail.com

Estará impartida por Alexandre García Carballero, psiquiatra e coordinador de programas de prevención e promoción da saúde mental do SERGAS e tamén coordinador do programa YAM para a prevención do suicidio no eido escolar en España.

Tamén contaremos coa ponencia de Antonio Rial Boubeta, profesor da Facultade de Psicoloxía da USC, investigador, autor de numerosos artigos relacionados coa adolescencia e os riscos das novas tecnoloxías e experto en adolescentes, adiccións e convivencia.

A actividade está enmarcada dentro dos programas da Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas no eido local, creada en xaneiro de 2023 e que prestan conxuntamente os Concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Melón, subvencionada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

 

Horario

Mércores 5 de xuño de 16.30h a 20.00h.

No Salón de Plenos do Concello. Rúa Oriente, 11- 2º andar.

Formación sobre «SAÚDE MENTAL NA INFANCIA E A ADOLESCENCIA» . Relacionada coa adicción ás novas tecnoloxías.

 

A nova Unidade de Prevención de drogodependencias e outras Condutas Aditivas

Esta nova formación ven a sumarse á charla impartida o pasado 4 de marzo, tamén para as familias, sobre o impacto das redes sociais e os videoxogos n@s nos@s nen@s e a impartida o 18 de marzo sobre o establecemento de normas e límites na infancia e na adolescencia no CPI da Cañiza.

O novo Servizo da Unidade de Prevención, entrou en funcionamento para encarar un dos maiores problemas da sociedade no ámbito da saúde e no ámbito social: o consumo e abuso de drogas e outras adicións.

Está dirixido especialmente á poboación adolescente e ás súas familias e parte das actuacións estanse desenvolvendo nos centros educativos dos Concellos, principalmente entre o alumnado de primaria e secundaria.

As actividades do programa xiran entorno a campañas de sensibilización e información sobre os riscos asociados ao consumo de substancias e outras conductas adictivas.

 

Programa da formación

Formación sobre SAÚDE MENTAL NA INFANCIA E A ADOLESCENCIA” . Relacionada coa adicción ás novas tecnoloxías.
Formación sobre SAÚDE MENTAL NA INFANCIA E A ADOLESCENCIA” . Relacionada coa adicción ás novas tecnoloxías.