Gymkana Tecno para achegar a infancia á tecnoloxía dende a igualdade
O Concello continúa coa programación da 3ª edición do Programa CLARA, unha iniciativa para promover a igualdade de oportunidades, previr a violencia de xénero e favorecer o benestar das mulleres e das súas familias.
Neste marco, o sábado 26 de setembro en horario de 10:00h a 14:00h , celebrarase no patio de xogos do CPI da Caniza a Gymkana Tecno en Igualdade, unha proposta dirixida a nenas e nenos de 7 a 14 anos que combina aprendizaxe, diversión, novas tecnoloxías e traballo en equipo.
A actividade ofrecerá diferentes experiencias para que as e os participantes poidan achegarse ao mundo dixital dun xeito práctico, creativo e seguro:
- Voo de drons: circuitos, pequenas competicións por equipos e iniciación á programación básica de drons.
- Gafas de realidade virtual: unha experiencia para descubrir outros mundos e explorar as posibilidades desta tecnoloxía.
- Tablets e ferramentas dixitais: aprender a buscar información en internet, explorar xogos en liña e utilizar diferentes recursos dixitais de forma segura e responsable.
- Gymkana Tecno Final: retos de habilidades, creatividade e resolución de problemas nos que será fundamental a colaboración e o traballo en equipo.
Con esta proposta, o Programa CLARA busca que os nenos e nenas se acheguen á tecnoloxía como un espazo de aprendizaxe, creatividade e participación, fomentando ao mesmo tempo un uso responsable e seguro das ferramentas dixitais.
Para máis información e inscricións, poden contactar no número 697 486 325
sábado 26 de setembro en horario de 10:00h a 14:00h