Homenaxe á música coral na Casa Museo Diego de Giráldez
O vindeiro sábado, 24 de outubro, a Casa Museo Diego de Giráldez acollerá unha xornada de recoñecemento ao labor de Don Enrique Lorenzo Vila, presidente das corais de Vigo e director da Coral de San Mamede; Dona Preciosa Ucha Sobral, directora do Coro Allegro de Vigo; e á Coral Polifónica da Caniza.
Programa de actividades
🕕 18.00 h | Praza Maior
Actuación de piano e canto a cargo do dúo Soño de Calíope.
🕡 18.30 h | Casa Museo Diego de Giráldez
Visita ao museo.
🕗 20.00 h | Auditorio da Casa Museo Diego de Giráldez
Actuacións das seguintes agrupacións:
Coral Polifónica Allegro
Coral Polifónica da AVCR San Mamede de Zamáns
Coral Polifónica da Caniza
Esta xornada está organizada pola Casa Museo Diego de Giráldez e a Asociación Asculca, en colaboración co Concello da Caniza.
O sábado 24 de outubro, a partires das 18.00 horas.