I Certame de Moda para Novos Deseñadores “José Castro”

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Asociación Cultural e Artística José Castro
Concurso

O Auditorio da Caniza acolle este sábado 12 de setembro o I Certame de Moda para Novos Deseñadores “José Castro” 

  • Promovido pola Asociación Cultural e Artística José Castro, nace co obxectivo de apoiar, impulsar e dar visibilidade ás novas xeracións de deseñadores galegos e reunirá este sábado novas propostas da moda galega nun desfile que terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio da Casa de Cultura. 

En manifestacións do Alcalde da Caniza realizadas esta mañá : “o certame rende homenaxe á figura de José Castro, deseñador natural da Caniza que acadou unha importante proxección internacional ao longo da súa traxectoria profesional. Formado en Barcelona e recoñecido polas súas creacións vangardistas, presentou as súas coleccións en pasarelas de referencia internacional como Londres e París e colaborou con destacadas firmas do sector, converténdose nun dos referentes da moda contemporánea galega”. 

A primeira edición do certame está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos empadroados en Galicia, así como a estudantes non galegos que cursen os seus estudos en centros galegos. 

O certame establece un premio único de 1.000 euros para a colección gañadora e desenvolverase integramente este sábado 12 de setembro no Auditorio Municipal da Caniza, cun formato de desfile de moda en pasarela, no que as coleccións seleccionadas serán presentadas ante o xurado e o público. 

O desfile dará comezo ás 20:30 horas e permitirá coñecer as propostas creativas dos novos deseñadores participantes, nunha xornada na que a moda e a creación serán as grandes protagonistas.

 Unha vez rematado o desfile, o xurado procederá á deliberación e o fallo do certame e a entrega do premio terán lugar na mesma xornada

A iniciativa supón tamén unha oportunidade para reivindicar a vinculación de José Castro coa súa vila natal e manter vivo o seu legado creativo. 

O certame busca unir así a traxectoria dun deseñador que levou o nome da Caniza ao ámbito internacional coa promoción das novas voces e propostas que están a xurdir no panorama da moda galega.

Horario

Sábado, 12 de setembro, a partir das 20:30 h no Auditorio da Casa de Cultura da Caniza