I PUMPTRACK DA CAÑIZA. Domingo 16 de xullo de 2023
A Cañiza inaugura a nova instalación deportiva de skatepark e pumptrack o domingo 16 de xullo, no recinto do antiguo Edificio Comarcal, hoxe Escola de Música Moderna da Cañiza ( Google Maps, GPS: 42.2088611, -8.2706889), coa celebración da PUMP TRACK COPA GALICIA, I PUMPTRACK A CAÑIZA, organizada polo Concello da Cañiza e o Clube PONTEBIKE TEAM de Ponteareas .
Este evento deportivo que inaugura o calendario de probas desta nova pista de deporte urbano, se completa coa celebración o vindeiro 2 de setembro do CAMPIONATO BMX DA CAÑIZA.
A proba do 16 de xullo conta coa colaboración institucional da Deputación de Pontevedra e de Deporte Galego, Galicia Saudable e Non á Violencia de Xénero da Xunta de Galicia.
Dende o Concello queremos agradecer tamén a colaboración dos establecementos turísticos CampingCañiza, apartamentos turísticos AUGUSTO e FINCA BRIABÍ.
Entra neste enlace da Federación Galega de Ciclismo para consultar toda a información da PROBA e da INSCRICIÓN.
Data límite de inscrición: 12 de xullo de 2023, ás 23:59:59
https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/25525
https://fgalegaciclismo.es/index.php/smartweb/inscripciones/prueba/25525
Todo o día, a partires das 11:00 da mañá