
Este II Gran Premio arrancará ás 9h cos adestramentos e continuará sobre as 10h para as clasificatorias ata chegar ás 11.30h en que se disputará a final e entrega de premios.
EMPRAZAMENTO DO CIRCUITO.
Lugar: Pumptrack A Cañiza (rúa Silleda, coordenadas 42.20776839781508, -8.268103250607622), Google Maps: https://goo.gl/maps/nDeKE5dWHyMRYrVj6
INSCRICIÓNS.
- Federados: Formulario web da F.G.C.
- Non federados: (Licencia de 1 día) Formulario web da F.G.C.
HORARIOS:
- ADESTRAMENTOS: 09h a 10h
- CLASIFICATORIA 10h
- FINAL 11:30 horas
AVITUALLAMENTO:
Entregarase auga a tod@s @s participantes.
CATEGORÍAS PARTICIPANTES:
Cada unha das categorías disputarase seguindo a orde establecida. A proba celebrarase durante toda a mañá seguindo o seguinte programa de participación de categorías:
- Promesa
- Principiante
- Alevín
- Infantil
- Cadete
- Junior
- Sub23
- Elite
- Master30
- Master40
- Master50
As cerimonias de podium terán lugar ao rematar a proba e o posterior período de reclamacións.
CLASIFICACIÓNS:
- Establecerase unha clasificación individual por categorías, sendo independente a masculina da feminina.
- Os premios serán establecidos na Normativa Técnica da FGC.
- Nesta proba daremos un premio por Scrach aos 3 mellores tempos femininos e masculinos de todas as categorías.
PROTOCOLO DE PÓDIUM.
O acto protocolario de entrega de premios celebrarase ao finalizar a proba. As/os corredoras/é deberán subir ao pódium co equipamento oficial do club.
PREMIOS.
- Os premios serán os estipulados pola Normativa Técnica da F.G.C.
- Entregaranse medallas aos tres primeiros clasificados de cada categoría e a Camisola de Campión Galego para os primeiros clasificados de cada categoría.
REGULAMENTO E NORMATIVA TÉCNICA APLICABLE.
Esta proba estará rexida en todos os seus puntos polo Regulamento particular da proba e pola Normativa Técnica da Federación Galega de Ciclismo, segundo o disposto no:
- TITULO I - DIPOSIONES XERAIS
- TITULO III - PROBAS DE BTT
- APARTADO III-F.-CAMPIONATOS DE GALICIA
Para os casos non recollidos nestes apartados, será de aplicación e obrigado cumprimento as decisións adoptadas polo Xurado Técnico, Regulamentos oficiais da RFEC e da UCI.
NORMAS XERAIS PARA OS ASISTENTES:
A proba desenvólvese no Pumptrack A Cañiza, unha zona onde se sitúa a Escola de Música da Cañiza, nunha edificación propiedade do Concello da Cañiza.
Para unha correcta conservación do espazo, deberanse de cumprir as seguintes normas:
- - Utilizar as zonas delimitadas para o desenvolvemento da proba.
- - Estará prohibido fumar na devandito contorna durante o desenvolvemento da proba.
- - Deberase coidar e protexer os elementos da área.
- - Estará prohibido acampar e utilizar grelladas privadas.
- - Respectar as instrucións da Organización.
PARTICULARIDADES.
- Todos os casos non previstos no presente Regulamente serán resoltos de acordo con o Regulamento da FGC ou no seu caso RFEC.
- Salvo disposición contraria, toda decisión a tomar durante o curso da proba sobre o desenvolvemento da carreira é de competencia exclusiva do Colexio de Comisarios.
- O colexio de Comisarios deberá axustarse aos regulamentos aplicables e, na medida do posible, tras consulta coa dirección da organización.
- Os problemas de organización puramente materiais serán resoltos pola Dirección da proba de acordo con todos os regulamentos aplicables e despois de consultar co Colexio de Comisarios.
HOSPITAL E PRIMEIROS AUXILIOS.
No circuíto estará situada unha ambulancia dotada con médico e persoal sanitario habilitado, tanto nos adestramentos oficiais como na propia carreira.
O Sábado 15 de xuño de 2024 de 09h a 13h coa final e entrega de premios
As pistas de skatepark e pumptrack
- Este circuito deportivo inaugurouse o 5 de xuño de 2023 sendo Presidenta da Deputación Carmela Silva.
- Como indicou o Alcalde Luis Piña naquela ocasión "Dende a Gobernanza apostamos fortemente polo deporte urbano como un atractivo turístico máis dentro da Comarca, investindo nesta actuación un total de 340.602,22€, dos que 290.000,00 foron subvencionados pola Deputación Provincial a través do Plan Concellos 2022-2023 e os restantes 50.611,14€ con fondos propios”.
- Dende aquela, esta instalación deportiva tivo unha gran acollida tanto por parte da xuventude cañicense como dos deportistas de toda a comarca e da nosa área de influencia, Vigo e Ourense.
- A un ano da súa inauguración, as pistas están consideradas como un dos mellores conxuntos de pumptrack e de skatepark de Galicia, contando coa mellor rúa principal de skatepark de toda España, segundo manifestaron a este Concello expertos nestas instalacións e deporte.
- Unha dotación que segundo sinalou o seu deseñador na inauguración do 2023, o técnico Álex Durán (responsable das probas do DMX do festival O Marisquiño), é o máis completo de toda Galicia.
- O parque suma máis de 3.300 m2 para a práctica de deporte urbano, divididos no skatepark (1.820 m2), o pumptrack (715 m2), zonas verdes (744 m2) e unha zona de acceso (26 m2).
Galería multimedia





