II SERÁN DE VERÁN 2025 – VALEIXE (A CAÑIZA)
A Asociación Cultural e Deportiva Santa Cristina de Valeixe ten o pracer de convidarvos ao "II Serán de Verán'25", unha xornada de celebración e música tradicional galega que se celebrará o sábado 20 de xullo de 2025 no torreiro de Santa Cristina, en Valeixe – A Cañiza.
Programa do evento:
-
Ás 17:30 h – Apertura do evento coa actuación do Grupo Folk TRIÁDE, que nos ofrecerá un repertorio de música tradicional galega.
-
A partir das 18:30 h – Comezo do Serán, cunha participación aberta a grupos, músicos e público asistente que desexe sumarse á festa.
Servizos e actividades:
-
Haberá pinchos de balde para todos os asistentes.
-
Sorteos durante a xornada.
-
Servizo de bar con prezos populares.
Inscricións:
As inscricións para participar no serán realizaranse no propio torreiros a partir das 17:30 h.
Lugar:
Torreiro de Santa Cristina, Valeixe – A Cañiza
Non faltedes!
Animamos a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta celebración da cultura galega nun ambiente festivo e familiar. ¡Vémonos alí!
Organiza:
-
A.C.D. Santa Cristina de Valeixe
Colaboran:
-
Comisión de Santa Cristina de Valeixe
-
Concello da Cañiza
-
Deputación de Pontevedra – Cultura
Para máis información, escanea o código QR incluído no cartel ou consulta as nosas redes sociais.
O 20 de xullo de 2025, a partires das 18h