III edición do evento deportivo «A Pachanga na Rúa»

Data
to
Location
Parque Central de A Caniza
Organiser
Comisión de Festas de Oroso en colaboración co Concello.
Actividades

O Concello da Caniza presenta a III edición de “A Pachanga na Rúa”, que se celebrará os días 26, 27 e 28 de xuño

O Alcalde Luis Piña, xunto á Tenente de Alcalde, María José Rodríguez, á Concelleira de Goberno Municipal Eva Rivas e as integrantes da Comisión de Festas de Oroso, Sandra LageNancy Rodríguez e Sara Rodríguez, presentaron no Salón de Plenos o cartel oficial da terceira edición de “A Pachanga na Rúa”. Unha iniciativa deportiva organizada pola Comisión de Festas de Oroso en colaboración co Concello e coa participación do comercio e da hostelería local. As organizadoras quixeron tamén facer mención de Iria Rodríguez, integrante da Comisión que non puido estar presente nesta ocasion e que forma parte da organización do evento.

Durante a presentación, o Alcalde destacou a formalización dun acordo entre o Concello, a Comisión de Festas de Oroso e o tecido comercial e hostaleiro da Caniza para que os premios desta edición sexan entregados novamente en forma de bonos canxeables exclusivamente nos establecementos comerciais da vila.

Unha iniciativa que pretende reforzar o apoio ao pequeno e mediano comercio local e fomentar o consumo de proximidade.

Luis Piña informou tamén de que o Concello achegará 500 euros dos premios canxeables en bonos, ademais das medallas para todos os participantes das categorías infantís Minipachangueiros e dos trofeos para as finais do torneo. Tamén colabora coa impresión dos carteis e da loxística necesaria para o desenvolvemento do campionato ( porterías, bancadas, sillas e mesas, equipos de son e a pantalla de imaxe na que se poderá ver o partido España - Uruguay que se celebrará na madrugada do sábado a partires das 02:00 da mañá)

Baixo o lema “Versión Mundial”, a edición de 2026 celebrarase os días 26, 27 e 28 de xuño no Parque Central da Caniza, cunha programación que combinará deporte, lecer e convivencia para todas as idades.

 

Programa de actividades

 

Venres, 26 de xuño | Mini Pachangueiros

Desde as 16:30 ata as 02:00 h.

Competición das categorías infantís:

  • Categoría A: de 7 a 10 anos.
  • Categoría B: de 11 a 13 anos.

Medallas para todos os participantes e trofeos para os tres primeiros clasificados, ademáis de numerosos premios en entradas a parques.

Está previsto que os partidos rematen sobre as 02:00 da mañá, hora na que comezará o partido do Mundial de futbol no que España se enfrontará a Uruguay e que se poderá ver na pantalla situada no parque central.

 

Sábado, 27 de xuño | Pachangueiros

De 10:00 a 14:40 h e de 16:00 a 04:00 h.

  • Desenvolvemento da fase de grupos.
  • Animación musical nocturna a cargo do DJ Chuspy e DJ Dario GZ.
 
Domingo, 28 de xuño | Pachangueiros
  • Xornada final da competición.
  • Disputa dos oitavos de final, cuartos, semifinais e final.
  • Entrega de premios e trofeos ao remate do torneo.

O Alcalde quixo recoñecer especialmente o compromiso, a dedicación e a capacidade organizativa das integrantes da Comisión de Festas de Oroso, cuxo traballo está a contribuir á consolidación dunha actividade que xa forma parte destacada da programación municipal do Verán de Lecer 2026.

Noraboa a tod@s e a xogar!

 

O Concello da Caniza presenta a III edición de “A Pachanga na Rúa”, que se celebrará os días 26, 27 e 28 de xuño