"Martini en Mis petates"
SINÓPSE.
Gonza Martini, co seu humor e destreza convídanos a un universo onde todo pode suceder, desde os milagres máis impactantes ata as habilidades mais complexas.
A súa maxia está acompañada de malabares con chapeus, música en vivo (loops station) e manipulación de burbullas de xabón.
Un show onde sen dúbida, te sorprenderás, divertirás e emocionarás. Non te podes perder esta ocasión!!!.
A maxia non é o medio polo cal se chega para o efecto, maxia non é trampa, maxia é o que nos pasa cando vivimos unha experiencia imposible, o que nos pon a pel de galiña, fai abrir os ollos e a boca e inspirar con forza. A maxia é unha emoción e claro que sí existe.
Sexamos testemuñas !!!
Domingo 6 de agosto, a partires das 22.30h na Praza Maior da Cañiza
En caso de mal tempo, trasladaremos esta actuación ao Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza