NOITE DE MAXIA: O Mundo Máxico de Roberto Lolo
Chegamos ao mércores coa actuación: O Mundo Máxico de Roberto Lolo
Seguimos gozando do Verán Cultural en A Cañiza, e este mércores toca unha das citas máis esperadas polos amantes da ilusión e a fantasía.
Prepárate para unha noite sorprendente co espectáculo “O Mundo Máxico de Roberto Lolo”, no que o recoñecido mago estará acompañado polos talentosos Iago Saavedra e Sara Rodríguez.
Xogos de maxia, humor, participación do público e moita diversión farán deste evento unha experiencia inesquecible para pequenos e maiores.
Este espectáculo está incluído dentro da programación do Verán Cultural de A Cañiza 2025, organizada polo Concello da Cañiza.
Non perdas a oportunidade de deixarte sorprender pola maxia. Agardámoste!
Mércores, 6 de agosto de 2025, ás 22.30h na Praza Maior da Vila